Mesa Galega de Educación

Santiago de Compostela, 4 xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) insiste na necesidade de loitar contra a actual situación de abandono que está a sufrir o rural no noso país establecendo un plan con actuacións transversais nos que a mellora da política educativa constitúe un das claves. Os deputados Xabier Ron, Ramón Vázquez e Antón Sánchez reuníronse esta mañá con representantes da Mesa Galega de Educación no rural para tratar a situación de asfixia que se está a vivir no rural a causa das políticas de volta atrás impulsadas polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

Os deputados de AGE e os membros da Mesa coincidiron en sinalar como urxente a posta en marcha de iniciativas orientadas a loitar contra a situación de abandono que está a provocar a actual política do Partido Popular no goberno galego coa que está a provocar o desmantelamento do medio rural no seu conxunto. Por iso, desde Alternativa Galega de Esquerda se insiste na necesidade de elaborar un plan de fomento do rural desde unha perspectiva transversal onde se integren accións de fomento da economía, infraestruturas, servizos, educación…

No encontro púxose de manifesto o papel da educación como ferramenta clave para o desenvolvemento do mundo rural e os desafíos os que teñen que facer fronte como o peche de unidades escolares ou comedores entre outros moitas cuestións. A poboación rural non é de segunda e merece os servizos educativos en igualdade respecto do resto da poboación tal e como sinalaron os membros da Mesa Galega de Educación no rural. “Por ser rural non deixa de pagar os impostos para soster o dereito básico da educación” concluíron. Desde Alternativa Galega de Esquerda comprometéronse en continuar loitando pola mellora das condicións de vida do mundo rural a través de iniciativas parlamentar como as que xa ten presentado ata o momento co obxectivo dun proxecto global de desenvolvemento do mundo rural galego

Relacionados