Asemade, celebráronse actividades para os nenos e nenas, que pintaron un cartel co logotipo da xornada mundial que se celebraba en 700 localidades do mundo.
Tamén recollemos sinaturas para parar a privatización, que esta mesma semana confirmaban o PSOE e o BNG. Orozco e Bao, alcalde e tenente de alcalde respectivamente, sinalaban que a nova empresa mixta que pretenden crear para o ciclo da auga «vai saír adiante e vai ter alicerces firmes, non de barro». Mesmo o alcalde afirmou que a nova sociedade mixta será «unha fórmula novedosa»,porque incorporará capital público y privado.
Non. A fórmula non é novedosa nin orixinal. É exactamente a mesma fórmula que está utilizando Esperanza Aguirre en Madrid para privatizar o Canal de Isabel II: 51% capital público e 49% capital privado, pero sometida a empresa ao dereito privado.