Mesa redonda

 

 

Reflexión crítica da actual Lei de Familia Galega. A custodia compartida e a Teoría Queer.

Dentro dos actos da Refundación da esquerda, a Asociación cultural O Espertello, en colaboración co Foro Feminista Falando Nós e a Área da Muller de Esquerda Unida, organizou o luns 24 un acto no Café Grándola de Ourense, no que se fixo unha análise crítica da Lei de Familia Galega polo que ten de lesiva para a muller e o pulo que representa para a familia tradicional, sen ter en contra outras realidades.

Tamén se valorou críticamente a proposta de custodia compartida para os fillos de parellas separadas, porque favorece claramente aos pais fronte ás nais. Neste contexto, fíxose unha exposición da chamada “Teoría Queer”, unha visión crítica do movemento feminista tradicional e que comezó a desenvolver as súas actividades en EE.UU. a finais dos anos 90.

O acto foi presentado por Sofía Díaz, candidata por E.U. –Ourense ao Congreso e contó coas ponencias previas ao debate de Victoria Diéguez, avogada, e Alejandro Rubín, filósofo. Ao final do acto, proxectose o documental Paris is burning, sobre as problemáticas de xénero e sexualidade, feito nos USA ao finais dos anos 80.

 

Relacionados