A devandita sentencia faia a favor da eliminación de honras acordada polo pleno do Concello non seu día.
Esta situación crea unha duplicidade xurídica que aviva unha polémica que segundo o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes serve ao Goberno do PP para utilizar ao golpista Millán Astray para ocultar a súa incapacidade para resolver os verdadeiros problemas da cidadanía.
Esquerda Unida solicita ao Goberno coruñés que deixe de alimentar polémicas e centre a súa labor en reactivar a economía local para xerar emprego.
César Santiso, voceiro de EU-V, indicou “non queremos seguir a polemizar, a nosa posición é clara: os valores dun fascista non se corresponden cos dunha cidade como A Coruña caracterizada pola súa tolerancia”.