2011-03-11 minidepuradoras eu p3110332 copiar.gif - 28.07 Kb

Minidepuradoras zona rural

 

Yolanda Díaz, Javier  Galán e Manel Cereijo adiantaron as liñas básicas dun proxecto que a nosa organización entende fundamental para cubrir un baleiro e demanda tradicional da Zona Rural. A falla de saneamento gravita de xeito oneroso sobre a calidade de vida e a sustentabilidade do rural ferrolán. A súa carencia, valga o exemplo,  xa levou a que  na primeira experiencia de orzamentos participativos  houbera unha clara maioría de demandas para atender o saneamento no rural.

 

O proxecto que propón a nosa organización  reúne as mellores condicións nos eidos da sustentabilidade e de economía. Consiste nun sistema de pequenas plantas minidepuradoras, de carácter polivalente, adaptables a diferentes tamaños de núcleo poboacional, e que  non ocupan máis de 90-100 metros cadrados; o seu impacto acústico é moi baixo, semellante o dunha campá extractora ( 56 decibelios ) a 6 metros, o seu consumo eléctrico  e parello a dunha vivenda familiar e a auga resta depurada mediante un sistema de ozonización.

 

Doutra banda, a instalación dos sistemas, incluídos as canalizacións, supoñen unhas cantidades asumibles incluso polas arcas municipais, aínda que a nosa organización entende que poderiamos achegar recursos externos. Esquerda Unida formula a proposta da súa instalación nun plan de actuación cuatrienal, para nese lapso cubrir as áreas da nosa Zona Rural que restan aínda sen saneamento: Esmelle, Covas, Doniños, San Xurxo e Marmancón.

 

A nosa organización reafirma con esta proposta o noso compromiso coa veciñanza da Zona Rural e cos valores da sustentabilidade, asemade de afirmar a importancia de acometer dende as administracións públicas un baleiro na prestación de servizos que non é de recibo a estas alturas do desenvolvemento da nosa sociedade.

Relacionados