Mobilización Navantia

 

Actitude que fura aínda máis na feble credibilidade da alcaldía desta cidade para defender os intereses xerais de Ferrol, que son coincidentes cos das reivindicacións da plantilla dos estaleiros públicos de Ferrolterra.   Tan unánime é o apoio ao naval público na nosa cidade que na pasada Folga Xeral, o pequeno comercio sumouse diante da situación excepcionalmente grave que atravesa o sector, sen que haxa resolución efectiva algunha dos gobernos do PP en Madrid e Compostela.

 

Yolanda Díaz reclámalle outra actitude ao alcalde, quen de dicirlle e reclamarlle aos seus correlixionarios de Madrid que basta xa de palabras baleiras  e que adiante cos compromisos e a carga de traballo que reclama con firmeza a plantilla e toda a cidade.  “Con palabras baleiras non comen os máis de mil despedidos na industria auxiliar nestes meses; con elas non ten arranxo a explosión de paro que previsiblemente se producirá en agosto”, sinala a Voceira do Grupo Municipal de EU. O alcalde ten que deixar de agocharse e encabezar unha reivindicación tan firme que vencelle o seu mantemento na alcaldía a resolución positiva das demandas formuladas polas traballadoras e traballadores. O que nos xogamos semella dunha magnitude tal ( un sector naval público estratéxico para a vida de Ferrolterra ) que autoriza esa relación.

 

Esquerda Unida lémbralle ao PP e a opinión pública, que a SEPI ten hoxe unha magnífica oportunidade para rectificar a súa culpable inacción: na comparecencia  do seu presidente, hoxe pola tarde no Congreso, comparecencia forzada por EU,  ten a potestade de RECTIFICAR e anunciar a construción do dique flotante.

 

O Grupo Municipal quere amosar a súa solidariedade e apoio á nova mobilización convocada polos sindicatos de clase para o domingo, 10 de xuño, coa tripla demanda de :

 

        Carga de traballo xa.

        Construción do dique flotante.

        Eliminación de todas as limitacións á construción naval pública nos estaleiros da nosa ría.

 

A loita unitaria das traballadoras e traballadores en unión a unha cidadanía que sabe o moito que se xoga Ferrol nesta reivindicación pode gañar a batalla ao PP e preservar e ampliar a importancia que o sector naval público ten para a nosa terra. EU vai sumar os seus humildes esforzos nesa tarefa.

Relacionados