Mobilización contra a minería

Yolanda Díaz, coordinadora nacional e deputada de Esquerda Unida declara “este goberno é o garante da destrución do noso territorio”. A dinámica á que este goberno nos ten acostumados é a plena destrución en todos os niveis, dende os servizos públicos ate os dereitos sociais e medioambientais. Co gallo do traballo a calquera prezo, o PP tenta vender o aspecto laboral das posibles megaexplotacións mineiras como un proxecto de futuro para Galicia, mentira, unha vez máis busca o lucro privado en lugar do beneficio da maioría social.

A megaminería supón unha destrución sen retorno do noso territorio, a venda do patrimonio natural de todas e todos os galegos a empresas privadas que o único que buscan é o lucro, é un exemplo máis da autoritaria política do PP. Este goberno actúa coma se fose o propietario do noso presente e do noso futuro condenándonos a que a súa nefasta xestión condicione e hipoteque o futuro do pobo.

Por todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento á toda a cidadanía para que se manifeste o domingo 2 de xuño en defensa da agresión que supón para o noso territorio as licenzas de explotacións mineiras que a Xunta ten previsto  conceder.

Na Alameda de Compostela, a partires das 12h a cidadanía galega se manifesta en defensa da sustentabilidade e respeto ao medioambiente.

Relacionados