Mobilización europea

 

Esquerda Unida chama a cidadanía a mobilizarse pola defensa dos nosos dereitos, na xornada de acción europea, porque entendemos indispensábel profundar na xeira de mobilizacións na defensa dos dereitos sociais e democráticos que a ofensiva do PP logo da posta en marcha polo PSOE está a ameazar.

 

Nesta loita sostida, EU avoga polo máximo grao de unidade por parte do sindicalismo de clase do noso país,  e polas entidades políticas e sociais que acreditan noutra alternativa política ás actuais directrices neoliberais.

 

O consello comarcal de EU participará na concentración que se desenvolverá mañá mércores 29 as 20:00 h. diante da delegación do Goberno na Coruña en resposta a convocatoria que CCOO e UGT realizan no marco europeo.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “temos que mobilizarnos contra os recortes sociais, contra o deterioro dos servizos públicos e contra a reforma laboral, porque hai alternativa: unha saída social e de esquerdas a crise”.

 

Esquerda Unida está certa de que unha vez máis, as mulleres e homes da Coruña van saír ás rúas para demandar na linguaxe veraz e formidable das rúas un futuro distinto mellor para a nosa cidadanía, futuro que pasa inescusablemente polo fortalecemento da sanidade e o ensino como servizos públicos gratuítos, universais e de calidade, xestionados de xeito público directo. Xa que logo, EU vai soster a animar as mobilizacións que están a desenvolver as traballadoras e traballadores públicos na nosa bisbarra.

Relacionados