Mobilización Maderas del Noroeste

presionando e reprimindo aos obreiros/as que tratan de organizarse para esixir un adecuado cumprimento das súas condicións laborais.

Xa van oito despedimentos, todos eles tinxidos de represión sindical, nunha empresa que, aínda que diminuíu a súa facturación como consecuencia do estalido da burbulla inmobiliaria, segue a ter beneficios e que, aproveitándose da crise e dunha reforma laboral despiadada, arremete contra os traballadores/as, facéndoos culpables dunha situación non creada por eles/as, senón, precisamente, polo brazo executor englobado na órbita empresarial.

Dáse a circunstancia de que unha traballadora despedida ten redución de xornada e un fillo cunha minusvalía, o que cualifica a verdadeira faciana dos amos da empresa, xa posta en tea de xuízo cando intimidan aos obreiros/as nas asembleas, e coaccionan o seu voto nas eleccións sindicais, con ameaza de despedimento, ameaza que, como demostran os feitos, tórnase finalmente en realidade.

Esquerda Unida Ferrol mobilizarase xunto coa clase traballadora en todas as inxustizas cometidas pola patronal, ataquen ao traballadores que ataquen, e sexa cal fóra o sindicato que lles representa. Non estamos dispostos a asumir máis retroceso democrático nas condicións laborais dos que non provocaron a crise financeira e non deixaremos de loitar contra o descarnado e abusivo sistema capitalista que afunde a clase obreira sen desgaste para a patronal

 

 

Relacionados