Mobilización pensionazo

 

A esquerda non pode aceptar que o Goberno meta a man nos petos dos pensionistas, 6.600 euros anuais de media menos por pensionista, para tranquilizar aos mercados financeiros, os auténticos culpables desta crise.

 

Nembargantes o máis grave é que a reforma é innecesaria, xa que o Sistema Público de Pensións é forte e está consolidado. No ano 2009, en plena crise, tivo un superávit de 8.500 millóns de euros.

 

Esquerda Unida denuncia que os argumentos esgrimidos polo Executivo son alarmistas e carecen de rigor, así o Goberno do PSOE adianta previsións demográficas completamente carentes de rigor e basease no número de mozos e adultos “estimados” por xubilado, cando o dato importante é o número de cotizantes e o importe de cotización de cada un deles.

 

Esquerda Unida loitará tanto na rúa como nas institucións por que non se aumente a idade de xubilación por enriba dos 65 anos, non se incremente o período do cómputo para calcular a pensión máis alá dos 15 anos e as pensións se revaloricen ao menos o mesmo que aumenten os prezos (IPC) e máis aínda para as pensións máis baixas.

 

Desde EU facemos un chamamento a cidadanía a mobilizarse na defensa do sistema público de pensións e pular, xunto a nos, na procura dunha saída social e anticapitalista da crise. Por iso participaremos nas mobilizacións convocadas por CCOO e UGT en:

à A Coruña as 20h. dende a Praza da Palloza ata Delegación do Goberno
à Vigo as 20h. dende Cruzamento Vía Norte con Urzáiz
à Ourense as 20h. dende Pavillón dos Remedios ata Goberno Civil
à Lugo as 19:30h. dende Edif. Sindicatos ata Subdelegación do Goberno
à Vilagarcía de Arousa as 20h. dende Casa do Mar ata Praza de Galicia

ACODE ÁS MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS POR CCOO e UGT!

NON AO PENSIONAZO!

MOVILIZATE, QUE NON CHE FAGAN PAGAR A CRISE!

 

 

Relacionados