con evidencias incluso de identificacións erróneas por parte da policía e sen probas sostibles da participación nos feitos que son imputados.
A executiva nacional de Esquerda Unida lembra que o grupo da Esquerda Unitaria Europea (GUE) vén de denunciar estes procesos a sindicalistas e “asisten perplexos” á escalada xudicial contra as mobilizacións e o lexítimo dereito á defensa dos postos de traballo en perigo. Dende o grupo parlamentar da Esquerda Plural no Congreso e AGE no parlamento galego vénse denunciado sistematicamente esta práctica alentada polo Ministerio de Interior de criminalizar a protesta sindical, nunha clara estratexia de debilitar ó movemento sindical en conflictos colectivos: ERES, negociación de convenios, etc.
A coordinadora nacional de Esquera Unida, Yolanda Díaz, considera que “é esencial que as forzas sindicais convocantes das mobilizacións de hoxe incidan na denuncia do que está a acontecer en numerosos xulgados con peticións de cadea a traballadores e traballadoras que participaron en piquetes informativos”.
Esquerda Unida, que recibiu estes días unha carta dos secretarios xerais de CCOO, UGT e CIG pedindo a participación de EU nas mobilizacións de hoxe, fai un chamamento á militancia e ao conxunto dos traballadores e traballadoras para saír á rúa en defensa da lexítima loita polos dereitos laborais e de folga e contra a criminalización do sindicalismo de clase e o espírito reaccionario que latexa nos procedementos penais abertos contra traballadores e tralladoras.
As deputadas e deputados de Esquerda Unida en AGE manifestan o seu apoio e participación nas mobilizacións convocadas por todo o país.
CONVOCATORIAS:
· MANIFESTACIÓNS
— A CORUÑA: saída ás 20 h da Casa do Mar e remate na Delegación do Goberno.
— FERROL: saída ás 20 h da praza de España e remate na praza de Armas.
— LUGO: saída ás 20 h do edificio sindical e remate na Subdelegación do Goberno.
— OURENSE: saída ás 20 h da praza do Concello e remate na Subdelegación do Goberno.
— VIGO: saída ás 20 h da Vía Norte e remate no Museo de Arte Contemporánea (na rúa do Príncipe).
· CONCENTRACIÓNS:
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: ás 20 h na praza de Galicia.
— RIBEIRA: ás 20 h na praza do Concello.
— VIVEIRO: ás 12:30 h diante dos Xulgados.
— MONFORTE DE LEMOS: ás 20 h dos Xulgados.
— PONTEVEDRA: ás 20:30 h na praza da Peregrina.
— VILAGARCÍA DE AROUSA: ás 20:30 h diante da Casa do Mar.