Mobilizacións en defensa da sanidade

Ante o sunami de destrucción do sector público que semella ser o único obxectivo do goberno do Partido Popular, a mobilización é un dos instrumentos máis potentes que o pobo posúe para manifestar o desacordo e frenar a un goberno deslexitimado pola maioría social.

Dende Esquerda Unida, facemos un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas polos sindicatos e apoiadas pola Plataforma SOS Sanidade para mañá mércores 26 de marzo.

Convocatorias:

 

A CORUÑA: Manifestación, 20h saída Casa do Mar

CEE: Concentración, 12h porta principal Hospital Virxe da Xunqueira

FERROL: Manifestación, 18h saída Fontenla Maristany

SANTIAGO: Manifestación 20h saída Praza Roxa

RIBEIRA: Manifestación, 20h Centro de Saúde

MONFORTE: Concentración, 20h Praza de España

LUGO: Manifestación, 20h, saída Edificio Multiusos da Xunta

BURELA: Manifestación, 20h30 saída Hospital da Costa

OURENSE: Manifestación, 20h saída Pavillón dos Remedios

O BARCO: Manifestación, 20h saída Hospital Comarcal Valdeorras

VILAGARCÍA: Concentración 14h porta principal Hospital do Salnés

PONTEVEDRA: Manifestación 20h saída Hospital Provincial

VIGO: Manifestación, 20h saída Hospital Xeral

 

 

Relacionados