Mobilizacións SOS Sanidade pública

Os servizos de urxencias dos centros hospitalarios estánse a trasladar aos corredores dos mesmos, a propia Comisión Galega de Bioética cuestiona os principios de equidade, universalidade e gratuidade da sanidade. As desigualdades na atención sanitaria son obviadas polo propio SERGAS, todo isto é ao que nos conducen as políticas do PP.

“Os recortes van matando e para exemplo as persoas enfermas de Hepatite C que veñen de denunciar no Parlamento Galego a súa situación de desamparo, onde demandaron o dereito a un tratamento e ante o que só obtiveron a negativa do goberno do PP” manifestaba Eva Solla voceira de AGE na comisión de sanidade.

A privatización de servizos, os recortes, os continuos escándalos na xestión da Consellería e agora tamén a folga de fame dos traballadores e traballadoras de POVISA ante os enésimos despedimentos efectuados pola empresa están a sobordar os límites do mantemento dos servizos sanitarios, a miúdo sostidos unicamente polo traballo incansable de sanitarias e sanitarios.

Por todo isto Esquerda Unida, súamase e fai un chamamento á participación nas mobilizacións convocadas para este xoves 19 de marzo por todo o país, contra os recortes e en defensa da sanidade pública.

Convocatorias confirmadas:

BURELA. Hospital da Costa. 20:30h.

OURENSE. Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), 11h.

O BARCO. Hospital Comarcal Valdeorras. 20h.

PONTEVEDRA. Hospital Provincial 20h.

BARBANZA. Ribeira, Praza do Concello, 20h.

SANTIAGO. Praza do Toural, 20h.

FERROL. Praza de Armas, 19h.

 

VIGO. Praza de España, 20h.

Relacionados