Mobilizate pola igualdade

 

O xoves, ás 20:00 horas, no Cantón, a Coordinadora da Marcha Mundial convoca unha concentración reivindicativa na defensa dos dereitos das mulleres.

 

Celebracións reivindicativas  das que por desgraza  resta ausente o Goberno Municipal  desconsiderando o traballo e propostas que de maneira unitaria a Marcha Mundial das Mulleres formulan para enfrontar a crise e os recortes, que golpean en primeira persoa e de xeito máis acusado ás mulleres. O Goberno Municipal non acordou a declaración institucional co movemento de mulleres da cidade e non se sumou ás iniciativas mobilizadoras que as mulleres imos desenvolver ao abeiro desta xornada internacional. Aínda peor, o Goberno  nunha mostra palmaria da peor desorganización e insensibilidade realiza a actividade institucional á mesma hora que as accións reivindicativas da Marcha, o cal somentes pode merecer unha vez máis a reprobación de Esquerda Unida.

 

Celebración que ten que ser reivindicativa logo de coñecer a fondura da crise e a única e obediente resposta dos Gobernos, comezando polo municipal, para coutala:  recortar servizos e encarecer os que restan, nunha voadura sistemática do chamado Estado do Benestar e  do marco de dereitos das traballadoras e traballadores, a negociación colectiva, nun verdadeiro golpe de Estado contra as mulleres traballadoras. Esquerda Unida fai súa a diagnose que nestes días publicou nun informe o Sindicato Nacional de CC.OO. sobre a discriminación que padecemos as mulleres no eido laboral e das pensións.

Relacionados