Moción 25N

 

Este día converteuse pouco apouco nunca data emblemática na que a cidadanía se manifesta contra todo tipo de violencia contra as mulleres, polo feito de ser o que son, mulleres.

 

Camiñando paso a paso a sociedade toma conciencia social e repudia, rexeita este tipo de violencia sexista, en tódolos lugares do mundo; a violencia de xénero sigue sendo unha das senhas de identidade patriarcal que invade toda a cidadanía e que todos xuntos temos que seguir ca luta, ea sociedade, non pode xustificar, manter, tolerar e perpetuar estes feitos.

 

A violencia de xénero, a violencia contra as mulleres, na cidadanía esta presentase de moitas maneiras: violacións, acosos sexuais  e laborais, sexismo publicitario, trata de mulleres e mininhas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na eliminación da nosa Historia, nos matrimonios concertados, nos asasinatos por honor, na desigualdade salarial, na imposición do burka, e nas formas simbólicas a través de pautas culturais que transmiten e reproducen comportamentos discriminatorios e sexistas, comentarios como o Alcalde de Valladolid etc.

 

O Concello é a Administración más cercana a ciudadanía, e tenhen que dar unha resposta más rápida e eficaz a esta lacra social, por todo isto Esquerda Unida de A Guarda propón ante o  Pleno da Guarda  que se adopten os siguientes

 

ACORDOS:

 

Que o  goberno municipal se compromete a fomentar una conciencia social baseada no respecto e na igualdade en todas aquelas actividades que sexan da súa competencia  no eido da educación , cultura e deporte.

 

Que se realizará un plan integral contra a violencia de xénero, de tal maneira que se converta en una prioridade política irrenunciable, con dotación económica para súa correcta execución e para asegurar que existan os recursos necesarios para as mulleres vítimas de violencia.

 

Que o concello non permitirá que nos medios de comunicación local, provincial, escritos, radiados o televisados, se mofen das mulleres, ni que sexan obxecto de mal trato e discriminación. Así tampouco permitirá os chamados “anuncios de contactos” ni nas emisións onde aparezan as mulleres como obxectos de consumo sexual.

 

Que o Concello, solicite ante a Xunta de Galicia e Goberno Estatal competencias plenas e  dotalas de orzamentos para que o Concello, Xunta de Galicia e o estado colaboren conxuntamente para eliminar a violencia de xénero da sociedade.

 

Que o Concello, Deputación e Xunta de Galicia  se comprometan a posibilitar e apoiar o traballo, das organizacións, entidades sociais que tenhan como obxectivo a eliminación da violencia machista.

 

Que os acordos sexan enviados a Xunta de Galicia, e as Cortes Xerais, instándolles as modificacións necesarias das leis respectivas sobre violencia de xénero e a un aumento presupuestario, a fin de que estas se aborden de maneira transversal e con maiores recursos económicos.

Relacionados