Moción adecuación de beirarrúas

 

Un dos maiores atrancos que estas persoas se atopan ao moverse por Santiago de Compostela son os pasos de peóns non adaptados para facilitarlle o seu transito ao manter, todavía hoxe, bordos elevados pese a ser lugares especificamente ubicados para cruzar dunha beirarrúa a outra.

 

Claro exemplo desta deficiencia son varios pasos de peóns situados na avda. Rodríguez de Viguri, e entre eles, o que cómpre solucionar con urxencia, é o paso de peóns con regulación semafórica situado nesta avenida, na confluencia coa avenida do Camiño francés. Se un ven desde a avenida do Camiño Francés, para chegar á avenida Rodríguez de Viguri, vese na obriga de afrontar 4 bordos elevados, non adaptados ás normas de mobilidade, dous deles nunha illeta que divide o paso de peóns. Dáse o paradoxo, por riba, de que o paso de peóns que comunica coa illeta dá de cheo nun arbusto, o cal engade aínda máis dificultade e o peón debe cruzar a illeta polo medio do barro e da herba en días de choiva. Cabe dicir que os bordos dificultan o tránsito a calquera persoa. Pero se un ten mobilidade reducida, polos motivos que sexan (enfermidade, carriño de bebés, etc), cruzar este paso de peóns convértese nunha pequena odisea.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro. Facer un exhaustivo estudo de todos os pasos de peóns da cidade para comprobar cantos incumpren coa normativa de mobilidade e accesibilidade.

 

Segundo. Levar a cabo as actuacións necesarias para corrixir esta grave deficiencia.

 

Terceiro. Realizar unha actuación de urxencia no paso de peóns que describimos

Relacionados