Moción apoio traballadores Spanair

 

O día 1 de febreiro o Xulgado do Mercantil número 10 de Barcelona declarou o concurso de liquidación da empresa, con unha lista de máis de 3000 acredores.

 

No aeroporto de Alvedro, Spanair daba traballo, de modo directo e indirecto, a trinta e dúas persoas en labores de facturación, carga e descarga, e de limpeza dos avións. Se a situación actual de peche da empresa non se reconduce, estas trinta e dúas persoas terán como destino laboral o desemprego.

 

Esquerda Unida insta ao Concello a que negocie coas companías aéreas que absorvan os voos de Spainair para que incororen ao cadro de persoal de Spainair e Newco.

 

En declaracións recentes o Sr. Negreira indicou que o Goberno municipal está a levar a cabo xestións e negociacións para que outras liñas aéreas cubran o nicho de mercado que ocupaba Spanair, pero en ningún caso o Alcalde mencionou a posibilidade de incluír nesas negociacións a contratación por parte destas compañías dos traballadores que tiña Spanair en Alvedro.

 

Posteirormente o Alcade, logo da xuntanza co comité de empresa expresou o seu apoio e ofreceu “la máxima colaboración institucional y un diálogo permanente”, agora mediante a aprobación desta moción ten a posibilidade de concretar en feitos o seu ofrecemento.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – os verdes presenta unha moción para garantir a continuidade laboral dos traballadores de spanair e evitar que o noso aeroporto se converta nun monopolio Iberia-Vueling, concretamente na súa parte resolutiva di:

 

“O Pleno do Concello dá Coruña insta ao Sr. Alcalde a que negocie coas compañías aéreas que absorban os voos ata agora realizados polo grupo Spanair e atendidos pola compañía Newco, para que contrate aos empregados e empregadas que ditas compañías tiñan na cidade, e que se asegure que este Aeroporto non se convirta de novo no antigo monopolio Iberia-Vueling, xa que elo perxudicaría a todala cidadanía”.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non chegan con boas palabras e declaracións de intencións, chegou o momento de que o Concello se implique profundamente na loite pola defensa do emprego”. 

 

Relacionados