Moción apoio Ve-la luz

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para debater no seguinte pleno para que o concello dote á asociación ve-la luz cun local destinado á axudar as vítimas de violencia de xénero e abusos.  Así, EU-V explica na exposición de motivos que a asociación Ve-la luz, formada por familiares e vítimas de violencia de xénero, comeza a súa andaina en 2009 para loitar contra a invisibilidade das vítimas, sendo os seus principios reitores: previr, apoiar e denunciar, diante da grande desprotección, invisibilización, pouca sensibilidade e ata costume diante desta lacra social. Unha asociación que até o de agora non recibiu axudas nin subvencións institucionais e que toda a súa actividade a teñen que sufragar as propias asociadas, carecendo de medios e local para axudar as vítimas. Na actualidade 5870 usuarios contactaron coa asociación a través de diversos canles como o teléfono, redes sociais ou presencial.

 

Gloria vázquez, en nome das vítimas de violencia de xénero, pediu ao resto de grupos políticos con presenza en María Pita o apoio para a moción presentada por Esquerda Unida.

 

Por outra banda a asociación Ve-la luz denunciou a sabotaxe da campaña “no permitas que nada nin ninguén te silencie”. Así, aos poucos días de pegar 1500 carteis por toda A Coruña, sistematicamente foron retirados, incluso nas institucións. Apesares diso nestes 10 días, 32 persoas contactaron a través do teléfono e a páxina web coa asociación

 

A presidenta da asociación de violencia de xénero e abusos para mulleres e nenos Ve-la luz, Gloria Vázquez, sinalou que “Expresamos a nosa indignación pola retirada de carteis no Xulgado de violencia de xénero, no colexio de avogados, no Concello, en asuntos sociais ou no centro de información da muller. Este é un exemplo de tolerancia cero cara á vítima”.

 

Esquerda Unida diante da falta de medios da asociación Ve-la luz colabora na campaña contra a violencia de xénero, así a presidenta da asociación indicou que “grazas á colaboración de Esquerda Unida – Os Verdes, volveremos a desenvolver a campaña nos próximos días para que máis vítimas se acheguen cara nos e poidamos axudalas”.

Relacionados