Efectivamente o órgano fiscalizador detectou eivas en diversas partes da tramitación, destacando o feito que o Goberno bipartito incumpriu en reiteradas ocasións a obriga de supervisar os proxectos, sen vixiar polo cumprimento da normativa, tanto legal como técnica, como por exemplo no polideportivo de Novo Mesoiro ou na instalación de xogos infantís e solo sintético nos colexios públicos, feito especialmente grave si se ten en conta que non se vixiou pola saúde e integridade dos nosos rapaces. Nalgúns casos como na mellora de iluminación da rúa Monasterio de Caaveiro licitáronse as obras antes de facerse o replanteo, e dicir sen comprobar a dispoñibilidade dos terreos e a súa realidade xeométrica.
Esquerda Unida presenta unha moción para instar ao goberno municipal a crear unha comisión de investigación non remunerada para aclarar o acontecido cos fondos FEIL, porque si o Tribunal de contas detecta opacidade na contratación e adxudicación, falta de control sobre os proxectos ou modificacións de presupostos inxustificadas, non cabe dúbida que alguén fixo unha chapuza pola que ten que render contas diante da cidadanía coruñesa.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a cidadanía coruñesa ten dereito a saber o acontecido, a comisión de investigación non remunerada supón un exercicio de transparencia moi necesario nestes tempos de desafección coa política e os políticos”. A comisión non ten custo algún e permitiría ao Concello cumprir cunha esixencia que os cidadáns están a demandar constantemente aos poderes públicos.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe que se aclare á cidadanía o acontecido co total das actuacións, diante das conclusións do Tribunal de Contas en relación ao estudo de 7 dos 85 proxectos do FEIL.