Moción concellos republicanos

 

 

Dende Esquerda Unida décimos que non estamos de acordo que as elites políticas do PP e PSOE sexan os que reformen a Constitución, senón que ten que ser a sociedade espanhola a que se pronuncie sobre o modelo de Estado que queremos. O actual modelo de constitución  impón a sociedade unha monarquía anacrónica herdada pola ditadura de Franco. Polo tanto reivindicamos un referendun sobre a República.

 

As políticas do PP e PSOE son neoliberais e vivimos en unha sociedade instalada na precariedade laboral, educativa e económica dos traballadores, polo tanto reclamamos a solidariedade social e democrática participativa como eixe e senhas de identidade republicana.

 

A 3ª República desenrolaría a Liberdade e democracia participativa – Traballo e salario  digno estable e con dereitos – Control da política económica, contra a especulación e corrupción, vivenda asequible e de calidade para todos – Servizos públicos de calidade: sanidade, educación laica e pública igualitaria e de calidade – Polo internacionalismo solidario, contra guerra e pola paz e cumprimento dos dereitos humanos.

 

POR TODO ELO DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

 

Que o Concello de A Guarda sexa o 1º Concello de Galicia en declararse a favor da república.

 

Que o Concello de A Guarda se sume a Rede de Municipios pola 3ª República, (Parlamento de Andalucía, Sevilla)

 

Que este acordo se faga cegar ao Parlamento de Galicia e Cortes Xerais.

Relacionados