Moción contra a trata e a prostitución e polo peche de prostíbulos

A prostitución, é unha forma de escravitude que ten a súa orixe nas desigualdades sociais e ten que ser entendida como unha manifestación máis de “violencia sexual”. A súa situación de alegalidade contribúe á aceptación e á normalización do acceso dos homes ao corpo da muller a cambio de cartos. A penalización da demanda e do proxenetismo, ademais dos efectos positivos comprobados naqueles países nos que así se regulou, producirá un efecto de transformación social contribuíndo ao cambio de mentalidade da sociedade no seu conxunto e ao rexeitamento definitivo dun dos atentados máis graves á dignidade e á vida das mulleres que apontoa o patriarcado y perpetúa la desigualdade.

Nos primeiros momentos da Pandemia unha vez decretado o estado de alarma pecháronse os prostíbulos e púxose en marcha un Plan de Continxencia elaborado polo Ministerio de Igualdade e coordinado coas CCAA para ofrecer recursos e alternativas ás mulleres prostituídas.

Implantáronse medidas que se asociaron ao plan de continxencia como facilitar a acreditación da condición de vítima de trata con fins de explotación sexual sen proceso policial ou xudicial para dar amparo ás mulleres en dita situación, en colaboración coas organización e as CCAA. e tamén o modelo de resposa coordinada que se puxo en marcha entre marzo e xuño de 2020 para garantir a alternativa habitacional segura e a atención socio-sanitaria unha vez se efectuaron os peches.

O Ingreso Mínimo Vital non inclúe a todas as mulleres prostituídas. Atopáronse dificultades coas que están en situación irregular. É evidente que, senón se derroga a lei de estranxeiría, imos deixar fóra a moitísimas mulleres, especialmente ás máis vulnerables. Presionar para que o gobierno derrogue a lei de estranxeiría que é determinante para a maioría destas mulleres.

Consideramos que esta medida debe o comezo dunha ofensiva para actuar contra a industria proxeneta en España, para loitar contra a explotación sexual e contra a impunidade do proxenetismo no noso país desde na última reforma do Código Penal no 2015.

E, todo isto, para garantir dereitos ás mulleres en situación de prostitución e ás vítimas de trata con fins de explotación sexual.

Pero non podemos esquecer a figura do cliente porque sen clientes non hai prostitución e sen o negocio da prostitución non hai trata.

As Comunidades autónomas teñen uha grande responsabilidade neste momento achegando recursos que permitan a garantía sanitaria das mulleres que están en situación de prostitución e a súa saída de tal situación, asegurando a súa supervivencia e procurando formación e orientación laboral.

Por oura banda, o Ministerio de Igualdade instou ás Comunidades Autónomas a garantir o peche dos prostíbulos de acordo ao pactado co  Ministerio de Sanidade en materia de locais do chamado “ocio nocturno”.

Tal como en declaracións expresou a ministra de igualdade: “este tipo de  establecementos están poñendo en perigo a saúde e os dereitos das mulleres en prostitución nun grave contexto de crise sanitaria e as especiais características destes locais fan que o rastrexo de contaxios que poidan producirse sexa especialmente complexo”.

Por todo isto, o grupo municipal de …………………….………………. propón ao Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

 

PRIMEIRO: A adhesión á  Rede de Concellos Libres de Trata e instar a todos os concellos a que se unan á citada Rede https://redlibretrata.wordpress.com/, para que non haxa nen un só concello cómplice desta escravitude. Concellos abolicionistas que aplican ordenanzas que prohíben a mercantilización de seres humanos, penalizan só a demanda e atenden e protexen ás mulleres que sofren esta situación.

SEGUNDO: Instar ao goberno de España para que se elabore unha lei contra a trata desde una perspectiva abolicionista que inclúa a todas as mulleres en situación de prostitución e que tome de referencia lexislacións como a sueca que acabou coa trata para explotación sexual, ao contrario do que pasou en Holanda o Alemania, países onde se regulou como un “traballo”, onde no só aumentou a trata para explotación sexual de mulleres senón tamén a prostitución infantil. 

TERCEIRO: Instar á Xunta de Galicia para que adopte medidas de loita contra a trata e a prostitución e entre elas as seguintes:

1) Garantir o peche dos prostíbulos de acordo ao pactado co Ministerio de Sanidade en materia de locais do chamado “ocio nocturno”.

2) Garantir o pirimeiro recurso habitacional para mulleres en situación de prostitución en locais de alterne acompañándoo con atención psicolóxica, orientación laboral e formativa.

3) Procurar formación específica para as profesionais dos centros da muller co fin de que poidan dar atención e derivación as casas de acollida cuando sexa necesario, así como habilitar de equipos de atención itinerantes para que esa atención chegue ás mulleres que doutro xeito non poden acceder aos recursos.

4) Establecer Programas de Capacitación laboral e Coordinación coas entidades que traballan directamente en situacións de prostitución. 

CUARTO: Dar traslado da presente moción á Rede de Concellos Libres de Trata, á FEMP, á FEGAMP, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España.

Relacionados