Moción Democracia Participativa

 

Dende o Consello Comarcal de EU Compostela consideramos que esta revolución democrática só será posible reformando as formas de facer política e apostando pola Democracia Participativa que provoque o xiro económico, social, cultural e ético desde a participación cidadá e a transparencia na xestión do público.

 

EU considera que o local é o ámbito desde o cal é posible poñer en marcha e afondar nos procesos de construción de democracias participativas, en tanto é o espazo no que a cidadanía habita e se relaciona, e é o Concello, a institución de proximidade, á que a cidadanía se dirixe a trasladar as súas problemáticas e demandas.

 

Tal e como espuxeramos no noso programa electoral Esquerda Unida Compostela consideramos que para acadar esta Democracia Participativa é necesaria a involucración da Administración Pública local mediante a redacción dun novo Regulamento de Participación Cidadá, no que entre outros aspectos se disporá o seguinte:

 

En primeiro lugar unha carta de dereitos de veciños e veciñas no que se recollerán os dereitos veciñais, tales como, dereito de petición, dereito de intervención nas sesións públicas, dereito de consulta ou referendo e dereito á información.

 

Tamén se regularían a implementación dunha serie de medidas organizativas e estruturais como, por exemplo, elaboración de un Plan de Formación cidadá, creación de Foros Cívicos de Consellos Sectoriais, Asembleas de Barrios e, entre outras, Audiencias Públicas (orzamentos, urbanismo…).

 

Por último neste novo Regulamento de Participación Cidadá se fixaría a creación dos necesarios órganos de Participación Cidadá, como o Consello do distrito (constituídos polos Asembleas de Barrio con cadanseus consellos), Asemblea Sectorial e Consello de Movemento Veciñal.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro.- O Concello de Santiago de Compostela realizará, mediante o debate pertinente co tecido asociativo da cidade, o novo Regulamento de Participación Cidadá.

 

Segundo.- O Concello de Santiago de Compostela levará a cabo a necesaria campaña de información á cidadanía para dar a coñecer os novos dereitos

 

Terceiro.- O Concello de Santiago de Compostela apoiará de maneira continuada no tempo o fomento da Democracia Participativa.

Relacionados