Moción despedimentos en FIMO

 

Despedimentos producidos con erros na tramitación e sen que ás persoas despedidas coñezan a motivación aducida para botalas fóra.

 

A nosa organización vén de rexistrar a petición dunha Xunta urxente de Voceiros para abordar a inxusta problemática creada pola mala xestión comercial de FIMO, que agora se carga unilateralmente sobre as costas da plantilla. Dada a posición de socio do concello, a alcaldía ten que tomar decisión e partido nesta problemática, ou coa autoritaria presidencia ou cos traballadores e traballadoras despedidas.

 

Esquerda Unida en congruencia coa análise antedita realiza a demanda formal de demisión do presidente de FIMO, que coa súa xestión non vén senón a agravar a situación de FIMO e que semella ao noso xuízo merecente de deixar a presidencia do organismo canto antes.

 

Yolanda Díaz e Javier Galán acordaron a presentación dunha moción para o vindeiro Pleno na que se afronte de xeito público a situación de inxustiza creada e que se lle fai pagar a plantilla de traballadoras e traballadores.

Relacionados