Moción día orgullo LGTB

 

Desde entón, este día conmemórase con reivindicacións que aínda seguen nas pancartas, sen converterse en políticas por parte das institucións. Deste xeito, as organizacións sociais, como todos os anos por este día, celebran o chamado “Orgullo LGTB” onde concentran a súa forzas ao redor de reivindicacións en moitos casos desatendidas polos poderes públicos.

 
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que co galo do día do orgullo LGTB o Concello avance na eliminación das fobias cara as expresións da sexualidade consideradas “diferentes”, porque lonxe de desaparecer, continúan habitando as aulas, os fogares, os centros de lecer e traballo, e ata, as administracións e servizos públicos. Moito máis en tempos de crise económica, onde os dereitos de todas as persoas, e especialmente, as máis estigmatizadas socialmente, cambaléanse constantemente. De novo, este 28 de xuño, é necesario un apoio explícito ás demandas e necesidades da poboación LGTBI.

 
Esquerda Unida aposta porque A Coruña sexa exemplo de tolerancia e convivencia en canto á  diversidade sexual, apoiando de xeito activo ao asociacionismo LGTBI, especialmente entre a mocidade, así como atender ás súas demandas e propostas de forma real e activa.

 

É necesario un recoñecemento a todos aqueles actores sociais vinculados ás loitas sociais, por ser os e as máximas responsábeis de que agora mesmo existan certos dereitos recoñecidos ás persoas LGTB, como tamén da existencia de iniciativas municipais e/ou autonómicas que persigan representar un compromiso coa loita colectiva pola igualdade e a liberdade real destas persoas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non cabe dúbida que xa se produciron avances como a modificación do código civil sobre o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, ou a aprobación de leis como a lei de identidade de xénero, mais aínda queda moito camiño por percorrer, como así o demostran os movementos sociais coa súa loita nas rúas.

Relacionados