Nesta loita ocupan un lugar destacado as organizacións LGTBI, protagonistas nos importantes avances que se foron alcanzando ao longo dos anos, pero testemuñas tamén dos retrocesos que actualmente se están dando en materia de dereitos e liberdades da poboación LGTBI: o bullying e o mobbing LGTBIfóbicos, a exclusión sociolaboral das persoas transexuais, a elevada prevalencia de VIH no grupo de HSH, as medidas legais que levan a algúns países a criminalizar ao colectivo LGTBI, e un longo etcétera. Fronte a estas dramáticas situacións, corresponde ao tecido asociativo LGTBI responder de forma contundente e reclamar todas aquelas medidas que se deban adoptar, en beneficio do respecto á diversidade e á igualdade á prevención de riscos para a integridade física e moral das persoas LGTBI.
Do mesmo xeito, corresponde aos poderes públicos escoitar as organizacións LGTBI, recoñecer o encomiable labor social que veñen desenvolvendo, e responder co firme compromiso de adoptar aquelas decisións que correspondan para garantir os dereitos fundamentais das persoas, a prestación de servizos básicos e evitar calquera forma de discriminación por motivo de orientación ou identidade sexual.
A FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais) dedica o presente ano temático ás e aos mozos LGTBI, persoas que sofren acoso e ciberacoso LGTBIfóbico no ámbito educativo. Este colectivo vive aínda a día de hoxe a súa condición sexual con angustia en moitas ocasiones, debido ás actitudes discriminatorias e vexatorias que constantemente se manifestan na nosa Sociedade, e apenas conta con referentes positivos doutras persoas LGTBI no seu arredor, posto que son frecuentemente invisibilizadas, en especial as mulleres lesbianas, e de modo particular a poboación LGTBI do medio rural.
Todo isto constitúe un motivo de preocupación para o conxunto da Sociedade e require dunha reacción urxente dos poderes públicos, a quen lles corresponde garantir o benestar das e dos mozos, adoptando medidas contundentes fronte ao acoso, promovendo a diversidade como un valor social e fomentando a participación e o asociacionismo entre a mocidade
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Instar aos gobernos central e autonómico a que aproben unha lexislación específica contra a discriminación por orientación ou identidade sexual, á que constantemente se ven sometidas as persoas LGTBI, que se encontran desamparadas tendo en conta a lexislación vixente.
Segundo.- Reclamar ao Goberno central unha rectificación polo que respecta á denegación de asilo a persoas que así o teñen solicitado, despois de acreditar que as súas vidas corrían serio perigo ao seren perseguidas por motivo de orientación ou identidade sexual. Rogar maior sensibilidade institucional fronte a situacións dramáticas que chegan a nós desde outros contextos xeopolíticos nos que, aínda a día de hoxe, queda un longo camiño por percorrer en materia de dereitos humanos.
Terceiro.- Adquirir un compromiso institucional firme de cara á inserción sociolaboral das persoas transexuais. Deseñar e poñer en funcionamento un plan municipal de inserción laboral de persoas transexuais
Cuarto.- Emprazar ao Goberno central á restitución da cobertura sanitaria pública e universal ás persoas inmigrantes residentes no noso país, como medida básica de saúde pública que afecta ao conxunto da poboación
Quinto.- Reclamar ao Goberno autonómico a aplicación de plans de atención á saúde do colectivo LGTBI, que permitan ofrecer unha resposta eficaz aos problemas específicos de saúde do colectivo, en especial a prevención de ITGs (Infeccións de Transmisión Xenital) en HSH e a atención á saúde das persoas transexuais
Sexto.- Requirir ao Goberno autonómico a introdución da perspectiva de diversidade no currículo académico, que recolla de forma realista e proporcionada a diversidade afectivo-sexual e familiar existente na Sociedade. Impulsar nos centros educativos do concello a creación e posta en marcha de Titorías de Atención á Diversidade Afectivo-Sexual
Sétimo.- Emprazar as autoridades educativas a apostar de forma contundente por unha educación pública, mixta, laica e de calidade, que promova valores de respecto á diversidade e favorables á convivencia. Suprimir os contidos de índole relixioso no ámbito escolar.
Oitavo.- Ofrecer apoio institucional ás posibles experiencias de autoxestión de centros residenciais para persoas maiores LGTBI e impulsar desde este concello unha política de libre vivencia da sexualidade nos centros residenciais de persoas maiores do municipio
Noveno.- Simbolizar o firme compromiso deste concello coa igualdade e os dereitos do colectivo LGTBI colocando o 28 de xuño a bandeira do orgullo, insignia da diversidade, nos edificios públicos municipais.