Moción instalacións públicas

Para os guardeses e unha deshonra que os nosos vecinhos nos den 100 voltas en instalación e ponho como exemplo O Rosal.  Vostedes, presumías de que o PP tinha esquecido o deporte, e agora  Vostedes  non pagades as débedas e compromisos cas entidades deportivas locais, retirádelas dos locais con medidas ditatoriais, e  sabedores de que os locais estaban concedidos en Pleno e gobernando o  Partido Popular.   

A Guarda conta cunhas instalacións polideportivas que pertencen a Consellería de Educación, e que non están a disposición da cidadanía. Provocando a emigración dos vecinhos a concellos limítrofes, que os cidadáns tenha que facerse socios de clubs, onde tenhen que pagar unha  entrada e taxa considerable.  

Xa que os capitalistas acaparades a propiedade dos medios de produción e non garantides o pleno emprego, especialmente nestes tempos de crise, que a concelalía de deportes impulse a actividade, cultural e física para coidar a nosa saúde, e sobre todo ocupar o tempo libre da xuventude. 

Un requisito de saúde é facilitar que a maioría da poboación poida facer deporte, e o ideal sería con especialistas na materia.  

Por iso, ESQUERDA UNIDA de A GUARDA propón para a súa aprobación ao pleno do Concello a presente MOCIÓN, cos seguintes

 ACORDOS:

1º Habilitar o uso de tódalas instalacións deportivas, como os pavillóns dos colexios ou institutos, baixo o control da administración local, para poder realizar actividades deportivas en boas condicións e sen riscos, tenis, baloncesto…..etc.

 2º Modernizar as instalacións públicas o aire libre, xa que sofren un abandono moi notable, como a pista polideportiva do Centro Cultural os dous campos de fútbol de Cháns, Codesal…etc.

Relacionados