Moción Marcelino Camacho

 

Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter. En 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987. En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista, escano ao que renunciaría dous anos despois para evitar o conflito entre a disciplina de voto do partido e a súa fidelidade aos intereses das traballadoras e traballadoras.

 

Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudantís do curso 86/87. Marcelino Camacho foi o líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro. A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro.- Considerando os méritos expostos, a súa contribución á defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, así como a súa loita pola conquista dunha sociedade mais xusta e solidaria, procédase á súa denominación coa seguinte proposta: Rúa ou Praza “MARCELINO CAMACHO”

 

Segundo.- Que se inicien os trámites correspondentes para a instrución do oportuno expediente que sirva para determinar os méritos ou circunstancias que aconsellan a denominación do espazo público da Rúa, coa denominación de “MARCELINO CAMACHO”, ao obxecto de recoller cuantos méritos se consideren e reunir canta información e antecedentes se estimen convenientes.

 

Terceiro.- Se de traslado da presente solicitude ao Sindicato Comisións Obreiras así como á familia de Marcelino Camacho para o seu coñecemento.

Relacionados