Moción Marcelino Camacho

 

En 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral da Confederación Sindical de CCOO, organización que dirixíu ata 1987.

En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista, escano ao que renunciaría dous anos despois para evitar o conflito entre a disciplina de voto do partido e a súa fidelidade aos intereses dos traballador@s.

Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN en 1986 e nas estudiantís do curso 86/87.

Marcelino Camacho foi o líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro.

A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa da crase traballadora.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Concello de Cambre fai un recoñecemento á figura de Marcelino Camacho, referente da loita política e social da esquerda española.

SEGUNDO.- Considerando os méritos expostos, a súa contribución á defensa dos dereitos dos traballador@s, así como a súa loita pola conquista dunha sociedade mais xusta e solidaria, o Pleno do concello aproba a designación dunha praza ou rúa en homenaxe a memoria de MARCELINO CAMACHO.

TERCEIRO.- Dar traslado deste acordo a CCOO para que o traslade á familia do sindicalista.

 

Relacionados