Moción Memoria Histórica

 

O partido PP condenou ao Executivo, a Lei de Memoria Histórica e abriulle varios  procesos ao Xuíz Garzón….etc.

 

Dende Esquerda Unida desexamos que se cumpra a Lei de Memoria Histórica, e que en Tominho non quede rastro dos vestixios da ditadura franquista.

 

Nas Igrexas de Amorín, Amorín Currás, Estás, Tomiño, fonte de Figueiró, Forcadela, Taborda etc……. teñen nas súas fachadas inscricións de nomes de caídos no bando nacional, e símbolos fascistas.

 

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

 

Que o Goberno de Tomiño  se poña en contacto co Bispado da diócisis de Tui e Vigo, que elaboren un presuposto dos gastos para eliminar ditas inscricións, símbolos nas fachadas das igrexas e fontes públicas de todo o Concello.

Relacionados