Moción NovaGalicia Banco

 

Nesa rolda de prensa e ante as preguntas referidas ao futuro de NovaGalicia Banco e das outras entidades bancarias que están actualmente nacionalizadas, o Ministro de Economía respondeu que a intención do Goberno é que “intentará que salgan lo antes posible al mercado para que formen parte de los procesos de integración”.

 

Estas declaracións supoñen que a verdadeira intención do Goberno non é apoiar o Plan de Negocio presentado polo Presidente de NovaGalicia Banco e que permitiría a esta entidade competir no mercado de modo independente mantendo os seus centros de decisión na nosa cidade e a focalización da súa actividade na nosa comunidade.

 

Esquerda Unida rexeita que o Goberno central interfira no plan de recapitalización de NovaGalicia Banco, porque entendemos que Galiza debe dispoñer dunha entidade financeira propia que centre o groso do seu negocio na nosa comunidade que permita financiar os nosos proxectos empresariais e a os nosos emprendedores.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para instar ao Goberno local a abrir unha vía de negociación co Goberno central que permita a entidade seguir centrada na economía galega, concretamente a súa parte resulutiva dí así:

 

“O Pleno do Concello da Coruña insta ao Sr. Alcalde a que abra unha vía de comunicación e negociación co Ministerio de Economía co obxectivo de que a reforma financeira que está a efectuar o Goberno central no interfira no Plan de Recapitalización de NovaGalicia Banco que se está a executar e que permita a esta entidade, fundamental para o desenvolvemento da economía galega, seguir existindo de modo independente e centrada no mercado galego”.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o alcalde ten unha formidábel oportunidade de loitar pola defensa dos intereses da cidadanía coruñesa e galega pulando por NovaGalica Banco, entidade que se amosa fundamental para o desenvolvemento da economía galega”.

Relacionados