Moción oficina emprendedores

 

O informe anual do Banco Mundial respecto a transparencia e facilidade para facer negocios “Doing Business 2012”, sitúa a España no posto 44 de 183 estados, xusto por diante de Ruanda e Túnez, e por detrás de Colombia e Perú. O dito informe resalta que no ano 2011 España fixo unha das reformas lexislativas recomendadas no informe anterior, mentres que Ruanda, Perú o Colombia fixeron tres. O pasado 25 de maio a Vicepresidenta do Goberno anunciou unha reforma lexislativa no sentido indicado no informe do Banco Mundial, co obxectivo de que os pequenos comercios e negocios non necesiten unha licenza previa de apertura para comezar a súa actividade, intentando facilitar a reactivación da actividade económica e da inversión.

 

Esquerda Unida propón a creación dunha oficina municipal de asistencia a emprendedores que permita a lo menos a modo local rachar cunha eiva burocrática que está a provocar que moitos emprendedores desistan da idea de comezar unha actividade produtiva, perdendo a posibilidade de xeración de emprego que elo supón.

 

Dous dos parámetros que se valoran son a dificultade de abrir un novo negocio e a dificultade de conseguir unha licenza de construción, trámites que teñen moito que ver coa regulación e a eficacia dos concellos. En concreto, no apartado de “Facilidade para abrir un novo negocio”, España ocupa o posto 133 sobre 183 estados analizados, que é moito peor que o de Burundi (108) o Camerún (128). Segundo o estudo, para abrir un negocio necesitase realizar até un total de 10 trámites que teñen unha duración total de 28 días. No relativo a “Conseguir un permiso de obra”, os cidadáns españois ten que facer até 8 trámites distintos que supoñen un retraso de 182 días.

 

O informe resalta que as economías avanzadas tenden a ofrecer á cidadanía oficinas de “Un só trámite” nas que se unifican todas as accións necesarias para abrir un negocio ou conseguir un permiso de construción. O Banco Mundial sinala a existencia de estas dependencias como unha avantaxe competitiva e síntoma dunha economía avanzada.

 

Dado que a facilidade para facer negocios dependen en gran medida da eficacia dos servizos municipais o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para debater no vindeiro pleno para conseguir que nun so trámite pódase xestionar permisos de obras e inicios de negocios. Concretamente a súa parte resolutiva expón: “O Pleno do Concello da Coruña acorda encomendar ao Goberno municipal que desenvolva as modificacións normativas, organizativas e demais accións necesarias para a apertura dunha oficina de asistencia aos emprendedores nas que “nun só trámite” se poda xestionar o permiso necesario para a realización de obras de reforma e o inicio de negocios que aínda sigan necesitando licenza de apertura logo da reforma lexislativa”.

 

César Santiso, indicou que “os poderes públicos deben simplificar e abaratar os trámites burocráticos para iniciar actividades económicas como paso inicial para reactivar a economía e xerar emprego”.

 

Santiso explicou que esta iniciativa é a continuación da denuncia do exceso de burocracia necesaria para abrir un negocio desenvolvida no pasado mes de novembro e a pregunta oral na que instábamos ao goberno municipal a actuar neste sentido, e este respondía que eran coñecedores da situación. Así pois, 10 meses despois presentamos a moción debido a inacción do goberno local”.

 

Relacionados