Moción participacións preferentes

 

As  participacións preferentes son produtos de alto risco, que nembargantes se venderon como produtos seguros e sen risco, nun engano que agora deixa cun grave quebranto a milleiros de pequenos aforradores.

 

Esquerda Unida entende que hai marxe legal para evitar este dano económico amparándonos nas directivas comunitarias transpostas  ( Lei 47/2007  do mercado de valores ) e que recollen no apartado de Normas de Conduta unha posible vía de compensacións, toda vez que hai un comportamento  que ocultou a verdadeira natureza deste produto. Comportamento inaceptable das entidades financeiras que non tivo a correspondente supervisión pola Comisión Nacional do Mercado de Valores nen por esa entidade, azoute da clase traballadora, chamada Banco de España.

 

Os denominados Acordos de Basilea 111 deixan a porta aberta a que a entidade financeira garanta o capital inicial do cliente, asumindo as perdas que no seu caso poideran derivarse do xogo especulativo dos mercados. Esquerda Unida pídelle ao Goberno Municipal e ao conxunto da Corporación unha posición favorable para evitar quebrantos nados dun engano e que afectan a milleiros de persoas.

 

Cando no noso país falamos dunhas 43.000 persoas afectadas, semella de xustiza que o concello se pronuncie cunha solución que evita o prexuízo derivado dunha publicidade enganosa por parte das grandes institucións financeiras.

 

As autoridades públicas teñen que velar pola cidadanía  obrigando ás entidades financeiras a reparar o dano causado, mais cando estas reciben milleiros de millóns de euros públicos, de todas e todos nós.

Relacionados