Moción pola non violencia

Esquerda unida aposta porque o concello promova a cultura da paz e a no violencia mediante a concienciación cidadá. A conflitividade aumenta dando lugar a situacións de diversos tipos de violencia: económica (parados, desafiuzados, endebedados…), de xénero, familiar, discriminación racial, choque cultural… A non violencia é unha filosofía de vida que pon como valor central a vida humana, traballa na superación de conflitos por medio do diálogo, o traballo en equipo e a cooperación. A non violencia é tamén unha actitude moral acumulativa baseada na solidariedade, a coherencia, a adaptación crecente, a oportunidade e a proporción. A non violencia é a base do pacifismo que propón rexeitar a guerra como medio para resolver conflitos, propoñendo o desarme progresivo e proporcional, así como o desarme nuclear total como urxencia principal do actual momento.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que o Concello se comprometa a apoiar a celebración do festival internacional do cine pola non violencia e a conmemorar o dous de outubro, declarado polas Nacións Unidas día Internacional da Non Violencia, Mundo sen Guerras e sen Violencia pon en marcha a Primeira Edición do Festival Internacional de Cine da Non Violencia Activa, que se realizará do día 2 ao 10 de outubro.

Primeiro.- O Pleno do Concello da Coruña conmemorará na cidade o día dous de outubro como Día da Non Violencia Activa na Coruña

Segundo.- O Pleno do Concello da Coruña comprométese a promover a cultura da Paz e a Non Violencia utilizando os medios que teña ao seu alcance

Terceiro.- O Pleno do Concello da Coruña comprométese a apoiar a celebración do Festival Internacional de Cine pola Non Violencia Activa nas súas edicións anuais

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “animamos á veciñanza a participar no I festival internacional de cine pola paz e a no violencia que se desenovlverá no agora o vindeiro 10 de outubro ás 20:30 h.”. Festival organizado por Mundo Sen Guerras e Sen Violencia para promover a cultura da non violencia por medio do Cine, propoñendo a reflexión sobre as respostas individuais ou colectivas ante situacións de conflito. O Festival axuda a motivar á creatividade dos máis pequenos, novos e adultos, animando a imaxinar outras solucións aos conflitos e plasmalas nunha obra (curto, micro-curto ou largometraxe).

Relacionados