Mocion sobre a ponte romana

 

 

A Ponte Romana está desde vai moitos anos nunha pésima situación posto que nunca se fixo unha recuperación completa da mesma. Isto é facilmente observable, entre tantas fendas que se dan por toda a infrastructura aparecen unha e outra vez distintos tipos de hervas, arbustos e diversas floracións coma se dunha “gran maceta” se tratase. As raices, musgo, as filtracións de auga e a falta de investimento fan que cada vez sexa peor o estado da nosa ben querida Ponte.

 

Desde Esquerda Unida seguimos na defensa do noso patrimonio. Jon Sáez García afirma que “o traballo o temos na casa, non podemos mirar para outro lado mentres despilfarramos cartos de todos en favor duns poucos; ese traballo o temos aquí en Ourense, somos unha cidade e unha provincia moi rica, non temos que ir a ningures só temos que loitar polo que verdaderamente importa, polas nosas pontes, os nosos edificios, a nosa agricultura, a nosa terra, temos que loitar pola nosa cidade e traballar para ela, e iso só o fan os traballadores.

 

Os políticos só poden axudar ABOLINDO A CORRUPCIÓN!”

 

Relacionados