Moción promoción turística

 

Na caseta de información Rías Baixas un boletín de información das festas mais emblemáticas das rías baixas, aparece co nº 16 a festa do monte Trega como festa de interés turístico galego, e na  páxina 26, lamentablemente non existe ningunha foto que faga referencia a mencionada festa.

 

O responsable de turismo do concello tería que facer mais por o concello de A Guarda. Dende ESQUERDA UNIDA votamos de menos algunha foto do desfile de traxes rexionais, grupo folclórico, ou foto bailando e xantando en romaría….etc.

 

Non vemos por ningures o fomento da festa da langosta, peixe espada e para os católicos practicantes  nada sobre a festa de Santa Trega.

 

En resumen os actuais Gobernantes presumen de medallas que non teñen ningunha importancia, esquecéndose do fomento do noso pobo en eventos que para nos teñen moita importancia, por todo isto.

 

SOLICITAMOS:

 

Que o responsable de turismo do concello faga un traballo serio en promoción turística e se dirixa a Deputación de Pontevedra, Turismo das rías Baixas para promocionar axeitadamente  o noso Pobo.

Relacionados