cambre.gif - 5.81 Kb

Moción protección da fauna do río Mero

 

 

Con anteriorade o noso Grupo xa ten plantexado este problema , sin que os distintos gobernos do concello ou as administracións con competencias na materia, tiveran unha actitude   comprometida para solucionalo.

 

A causa fundamental é, que o muro da presa imposibilita o remonte do río os peixes de especies migratorias, coma é ocaso do reo que, ainda que suele subir durante tódolos meses do ano, faino con moita mais intensidade no período entre maio e novembro.

 

Estas especies, que durante miles de anos desenvolveron o seu ciclo vital desovando no curso medio dos ríos, vense imposibilitadas de facelo e, por conseguinte, en grave risco de desaparición polo obstáculo que se atopan para chegar o lugar axeitado. No caso do río Mero, é a presa de Cecebre  que, polo tipo de dispositivo de desagüe do encoro, constituie un atranco insalvable para que os peixes migrantes poidan seguir augas arriba, morrendo contra os seu tubos.

 

De pouco sirven as medidas, e as obras  que se  puxeron en práctica no acondicionamento do río e recuperación da riqueza piscícola, si non se levan a cabo actuacións que permitan o remonte ata os seus desovatorios naturais das especies migratorias, cuestión que por outra banda, resulta imperativa por estar contemplada no ártigo 23 da Lei de Pesca Fluvial.

 

A solución para o paso dos peixes proporcionaría os mesmos uns extensos tramos fluviais (sobre 30 kilómetros no Mero e 20 no Barcés), con excelentes condicións para frezadeiros, o que permitiría a recuperación e incremento sensible da poboación de reos e anguias, contribuindo a calidade ambiental dos ríos, e no conseguinte beneficio económico derivado da pesca  e do atractivo turístico que pode supoñer para o concello.

 

POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

 

 

PRIMEIRO.- Iniciar de inmediato as xestións necesarias para requerir e acadar dos organismos competentes, a elaboración urxente dun proxecto que solucione o remonte do río Mero das especies migratorias, e poder superar o obstáculo da presa de Cecebre.

 

SEGUNDO.-  No eventual compromiso que poida chegar a alcanzarse cos organísmos competentes para dar solución o problema, contemplarase que o concello poida participar na redacción do proxecto, mediante alegacións e propostas que a nosa Administración recollerá mediante un proceso de información pública aberta ós colectivos e persoas interesadas.

Relacionados