Moción referendo constitucional

 

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a pretendida reforma constitucional obedece ao ditado dos mercados que pretenden poñer por riba das persoas os intereses especulativos. Así a devandita reforma da Constitución forma parte do paquete de medidas ultraliberais que os alcumados mercados e a Comisión Europea están a reclamar dos gobernos europeos como supostas medidas de superación da crise económica.

 

Esquerda Unida rexistra unha moción no Concello para que o pleno da Coruña inste aos parlamentarios a que soliciten o Referendo da reforma constitucional porque a cidadanía debemos ter a posibilidade de votar nun asunto fundamental; así sería se houbera democracia real. Para elo se necesita alomenos que unha décima parte dos membros de calquera das cámaras solicite a celebración do referendo. Xa que logo, o Grupo Municipal de EU presenta para o seu debate no Pleno da Corporación a seguinte proposta de Acordo:

 

– O Pleno do concello da Coruña acorda dirixirse ás deputadas e deputados do Congreso e ás senadoras e senadores do Senado para que soliciten que a pretendida reforma da Constitción sometase a referéndum para a súa ratificación.

 

O Voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou “a veciñanza poderá observar no pleno quen está de verdade a favor da democracia, e quen prefire a volta ao despotismo ilustrado. Todo para o pobo pero sen o pobo”.  

Relacionados