Como tódolos guardeses saben na R/Rosalía de Castro no seu marxe dereito en dirección ata Camposancos pintaron a raia para que estacionen turismos etc… Na recente “rehabilitación” da Alameda para Esquerda Unida un autentico dislate, como saben tódolos guardeses achicaron a estrada Rosalía de Castro, e dos 736.503,69 € gastados non chegaron os cartos para pintar a raia central desta rúa.
Hoxe sábado, 03/04/2010 dous autobuses que circulaban en sentido contrario, non collían nesta rúa, xa veredes os atascos que se formarán no vindeiro verán. ¿Onde está a mellora do tráfico?.
DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:
Que se pinte a raia central da R/Rosalía Castro.
Que o responsable de tráfico faga as reformas pertinentes para evitar atascos e dar unha imaxe coherente.