Moción seguridade Novo Mesoiro

Esquerda Unida considera que os problemas de inseguridade en Novo Mesoiro necesitan un estudo especial debido ao elevado tempo de resposta da policía polas dificultade de acceso ao barrio debido a que este barrio se atopa practicamente incomunicado a causa das enormes eivas de mobilidade e a paupérrima conexión por estrada, está a alarmar á veciñanza deste barrio coruñés densamente poboado que ten un grave déficit de infraestruturas e mobilidade, debido a que as obras de urbanización recepcionaronse incorrectamente porque anteriores gobernos municipais priorizaron os intereses dos promotores sobre os dos veciños.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “diante desta situación que provoca alarma social, os poderes públicos non so no deben permanecer de brazos cruzados senón que teñen que actuar proactivamente e coordinarse. A veciñanza de Novo Mesoiro o merece logo de anos de esquecemento por parte dos distintos gobernos municipais”.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para instar ao alcalde a convocar de urxencia a Xunta Local de Seguridade para tratar a inseguridade en Novo Mesoiro. Chegou o momento de que o goberno municipal demostre á cidadanía, na praxe, as vantaxes de reactivar a Xunta Local de Seguridade que tanto publicitou o PP. Así a parte resolutiva da moción expón:

Primeiro.- O Pleno do Concello da Coruña insta ao Sr. Alcalde a que leve a cabo as accións necesarias para incluír na orde do día da próxima reunión da Xunta Local de Seguridade o estudo e resolución da grave situación de inseguridade que vive o barrio de Novo Mesoiro e as dificultades da policía para poder ofrecer unha pronta resposta debido as deficitarias vías de comunicación para acceder a un barrio tan altamente poboado.

Segundo.- O Pleno do Concello da Coruña insta ao Sr. Alcalde a que convoque de urxencia á Xunta Local de Seguridade para tratar o devandito problema.

Terceiro.- Que se lle dea traslado desta moción á Asociación de Veciños de Novo Mesoiro.

Relacionados