Moción semáforo

 

 

Tódolos cidadáns que se achegan ata o centro de saúde, ou saen do centro cultural, encóntranse que no marxe esquerdo en dirección a Camposancos non dispón de paso de peóns na subida ao monte Trega e de seguido faltan aproximadamente uns  30  metros de beirarrúa  o que dificulta cruzar a estrada e pon en risco a vida dos viandantes. Ademais esta beirarrúa na súa cabeceira non dispón de rampla para minusválidos.

 

 Tódolos días en esta zona estacionan turismos e os cidadáns tenhen que circular andando pola estrada ata chegar a beirarrúa.

 

Acotío vemos como os turismos cruzan a R/ Rosalía de Castro a esquerda, raia continua, para entrar na R/Julia Vaquero.

 

DENDE EU SOLICITAMOS:

 

Que se faga un estudio para colocar senhais luminosas (Semáforos) para regular o tráfico e protexer as persoas que acoden ao centro de saúde colexios públicos etc…

 

Que rematen a beirarrúa ata a subida ao monte Trega, e sinalicen os pasos para viandantes sobre a estrada na subida ao monte, e no transversal Bechos.

 

Sinal de prohibición de xirar a esquerda, para entrar na R/Julia Vaquero.

 

Relacionados