En cambio, as infeccións por VIH están aumentando, especialmente en homes que teñen sexo con homes (HSH), notificándose ao redor de 3.000 novos casos anualmente (dato que pode ser moi superior, pois non existe un rexistro nacional de VIH nin todas as persoas acceden á proba).
Esquerda Unida reclama ao goberno municipal o desenvolvemento dunha campaña de prevención de VIH que fomente o uso do preservativo. É moi importante abordar este problema de saúde pública con medidas de prevención do VIH, concienciación do uso do preservativo e de realización da proba específica do VIH. Previndo a infección aforrarase o gasto sanitario, pois o custo do tratamento antirretroviral é, neste momento, moi elevado. Debido á supresión, na práctica, do Plan Nacional sobre a SIDA por parte do Goberno central do Partido Popular, é de esperar que as novas infeccións por VIH continúen incrementándose ao non existir un apoio activo ao necesario labor de prevención e sensibilización.
O voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou que “o aceso inmediato, gratuíto e anónimo á proba da detección do VIH, permite un diagnóstico precoz que asegura unha mellor calidade de saúde e abarata os custos sanitarios”.
Xa que logo, o grupo municipal de esquerda unida – os verdes presenta unha moción con motivo do 1 de decembro, día mundial da loita contra a SIDA, que na súa parte resolutiva indica:
Primeiro.- Solicitar ao equipo de goberno do concello da Coruña o desenvolvemento dunha campaña informativa de prevención de VIH no ámbito municipal que fomente o uso do preservativo e conciencie á poboación sobre a necesidade de facerse a proba, pois un diagnóstico precoz do VIH asegura unha mellor calidade da saúde e abarata os custos sanitarios. Esta campaña debe ir especialmente dirixida á mocidade, á poboación máis vulnerable, como os homes que teñen sexo con homes, e á poboación máis exposta, como é o caso das mulleres e homes que exercen a prostitución.
Segundo.- Solicitar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que desenvolva un plan autonómico para o fomento e a accesibilidade da proba rápida de detección do VIH de xeito anónimo e gratuíta e que garanta a asistencia sanitaria e o acceso ao tratamento antirretroviral a todas as persoas afectadas de VIH, incluídas as persoas refuxiadas e inmigrantes, xa que este colectivo supón unha parte relevante dos novos diagnósticos.
Terceiro.- Da presente moción darase traslado:
– Ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e á Consellería de Sanidade.
– Ás organizacións para a prevención do VIH da comunidade autónoma.