Hai quen utiliza o argumento falaz e interesado de que os que nos opoñemos á intervención armada en Libia defendemos a Gadafi. Denunciamos a hipocrisía dos que avalaron a venta de armas e hoxe comprometen á cidadanía votando a favor de bombardear a un pobo por intereses económicos e xeoestratéxicos.
Podedes comprobar a coherencia de IU e a hipocresía dos partidos políticos que votaron a intervención militar visualizando os seguintes videos sobre a visita de Gadafi en decembro de 2007:
Polémica visita de Gadafi a España
http://www.diariocritico.com/tv/video/755/gadafi-rey-zapatero.html
Visita del mandatario libio Gadafi en la que cerrará importantes acuerdos con empresas españolas. La inversión del polémico líder africano rondará los 60.000 millones de euros (declaracións de Llamazares)
Termina la visita del líder libio
http://www.diariocritico.com/tv/video/764/gadafi-gallardon.html
El líder libio Muammar Al Gadafi ha concluido su visita a España visitando el Ayuntamiento de la capital dando las gracias al pueblo español al que no considera “extranjero”. (IU non asiste ao Pleno do Concello de Madrid)
Esquerda Unida ten a autoridade moral para facer un xuízo de valor con respecto á intervención internacional en Libia. Hai anos que denunciamos as accións do dictador libio. O exemplo é que IU foi a única formación política que se negou a asistir á entrega da Chave de Ouro da cidade que o Concello de Madrid lle fixo a Gadafi, durante a súa visita en decembro de 2007.
O PSOE pasou do ¡OTAN non! e do ¡Non á guerra! ao ¡sí a esta guerra! e a encabezala.
Aquí tedes o texto da moción:
O Consello de Seguridade da ONU aprobou o pasado 17 de marzo a resolución 1973 na que establece unha serie de medidas co obxecto de “protexer á poboación civil libia contra os abusos e graves violacións dos dereitos humanos” por parte do goberno de Muamar el Gadafi en Libia. Amparados na devandita Resolución varios gobernos, entre os que se encontra o español, emprenderon accións militares en territorio libio procedendo ao bombardeo sistemático de diferentes puntos do país, incluíndo obxectivos civís.
A resolución do Consello de Seguridade nin sequera foi aprobada por consenso, xa que contou con 10 votos a favor e coas abstencións de Alemaña, India, Rusia, China e Brasil. A actual intervención militar, que conta co mando único de Estados Unidos, pode desencadear nun agravamento da crise tanto en Libia coma na rexión. As reservas dos países que se abstiveron no Consello de Seguridade, que detectan “considerables danos e riscos nunha acción militar”, avalan esta tese. Nin sequera na Unión Europea ou na OTAN existe unanimidade sobre os supostos efectos positivos
dunha acción militar sobre territorio libio. Esquerda Unida considera que a devandita resolución dificulta gravemente o alcance dun alto ao fogo en Libia e reafírmase en contra de calquera intervención militar estranxeira no país.
Ademais, a acción ofensiva sobre territorio libio excede claramente o contido da Resolución 1973 do Consello de Seguridade da ONU, ao non se limitar ao establecemento dun espazo de exclusión aérea.
Malia non contar coa aprobación do Congreso, España comezou a súa participación con militares e diverso material de guerra aérea e naval. En concreto, catro cazas F-18 que achegou España a este despregamento bélico xa estiveron operativos e recibiron autorización para poder abrir fogo sen que existise unha autorización previa da Cámara Baixa. Desvalorizouse o papel do Congreso dos Deputados a pesar do compromiso adquirido durante a guerra de Iraq, convertendo a preceptiva consulta ao Lexislativo dunha acción militar nunha simple ratificación.
EXMO. SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE LUGO
Resulta evidente que a actitude dos países atacantes non parte da responsabilidade de protexer, senón do seu suposto dereito a controlar: non é unha cuestión de dereitos humanos. Hai que saber que a guerra, a intervención militar, a exclusión no espazo aéreo, provocan máis sufrimento, máis desprazamentos de poboación, enconan as situacións e os enfrontamentos, e dificúltase a solución dos conflitos.
A pesar de que a accións militares teñen, a diferenza de Iraq, un mandato de Nacións Unidas, non defenden os dereitos humanos nin a democracia en Libia, porque nin os dereitos humanos nin a democracia se impoñen mediante a guerra. Moi ao contrario: son os intereses geoestratégicos, económicos e políticos en Libia os que predominan.
É hipócrita falar de dereitos humanos cando nestes momentos hai no mundo trinta e dous conflitos practicamente iguais, con características moi similares ao de Libia e, non obstante, nin sequera se toman medidas de bloqueo económico ou armamentístico contra eses gobernos represores.
Por iso, fronte á opción da guerra na xestión da crise libia que encabeza o Presidente do Goberno, a Agrupación Comarcal de Esquerda Unida en Lugo, xa que logo, somete ao Pleno do concello de Lugo a seguinte proposta de
ACORDOS
1. Rexeitar a saída bélica ao conflito Libio e establecer un inmediato alto o fogo.
2. Instar o goberno a buscar a solución a este conflito coa presión político-diplomática, para emprazar ás partes a un alto ao fogo verificable con presenza de observadores internacionais e a que se estableza un calendario para unhas eleccións que permitan ao pobo libio o exercicio da súa autodeterminación. Non se pode tolerar ningunha inxerencia militar.
3.-Esiximos ao Goberno que non autorice a Estados Unidos o uso de bases en territorio español para levar a cabo operacións militares.