Moción Torres do Garañón

 

Informe emitido pola Comisión Provincial de Patrimonio e ratificado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

 

O concelleiro de urbanismo xa manifestou a súa vontade de recorrer novamente o dito informe. Hai que lembrar que cando o goberno municipal solicitou por orde xudicial o preceptivo informe da Consellería de Cultura, este resultou negativo e daba a razón ás demandas da Asociación pola Defensa do Parque Rosalía. O goberno municipal decidiu entón recorrido, pero novamente as súas alegacións foron desestimadas. Polo tanto, semella evidente que a presentación de recursos non consegue senón dilatar o litixio no tempo sen ningún resultado positivo.

 

Diversas resolucións xudiciais ordenaron a paralización das obras e anularon as licenzas de urbanización e de edificación, e nestes momentos a investigación segue aberta no Xulgado número 2 de Lugo. Segundo o auto xudicial emitido con data 23 de novembro de 2010 polo xulgado de instrución número 1 de Lugo, as autoridades municipais puideron cometer delitos de prevaricación urbanística e contra a ordenación do territorio. Posibles responsabilidades penais que se fan extensivas tamén ao propio promotor e sobre as que a Xustiza decidirá no seu caso.

 

Esquerda Unida ratifica o seu apoio ás demandas e reivindicacións da Asociación pola Defensa do Parque Rosalía, cuxa actuación está lexitimada por 12.000 sinaturas que avalan a oposición á construción de seis bloques de nove plantas nunha das zonas máis emblemática e sensibles da cidade. Asemade, en EU agardamos que este moi próximo o día en que o Parque Rosalía quede libre dese adefesio de cemento e ladrillo que constitúe o símbolo da especulación urbanística na nosa cidade.

Relacionados