O cheiro é insoportable, e non entendemos como as “autoridades” seguen sen facer nada para arranxar estas deficiencias.
Dende EU creemos que a empresa que fixo a canalización e colocación da canle é responsable destes feitos? Medio Ambiente, Administración é cómplice por permitir estas chapuzas de obras.
Señor Presidente do Concello menos alardes de medallas de chocolate e solucione os problemas dos vertidos cara o río Minho.
Dende EU SOLICITAMOS:
Que o Concello se dirixa ao Ministerio Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Dirección Xeneral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, para que arranxen o antes posible esta deficiencia grave.