Asemade, segundo datos da liquidación do orzamento municipal, a cancelación da débeda no exercicio 2010 ascendeu a dous millóns de euros, o que supón unha perda aproximada de 6.000 euros diarios.
o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción que insta ao pleno a que encomende ao alcalde que estableza negociacións co presidente da Deputación de cara a sinatura do convenio para que o ente provincial xestione os dereitos pendentes de cobro do Concello da Coruña.
Dende fai anos existen pendentes de cobro cotas de urbanización de promocións inmobiliarias por valor de 3,5 millóns, así como 2,3 millóns euros do canón pertencente aos operadores que utilizan as instalacións municipais. Non cabe dúbida que a esta situación indica unha nefasta xestión durante os Gobernos anteriores, pero aínda é máis certo que a cidadanía da Coruña non comprendería que unha vez coñecidos estes feitos o Concello da Coruña non aplicase as medidas correctoras necesarias para resolver estas grandes eivas de maneira urxente.
Por outra banda, sabemos que a Deputación Provincial da Coruña dispón dun Servizo de Recadación dotado dun nivel tecnolóxico é organizativo modélico que lle permite xestionar máis dun millón de recibos por un importe total que supera os 100 millóns de euros anuais cunha porcentaxe de recadación que no período voluntario ascende ao 90% e no período executivo aproxímase ao 50%.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “chegou a hora da verdade, no pleno saberemos quen está pola labor de defender os intereses da veciñanza e quen defende os intereses dalgúns empresarios morosos”.