moción Xosé Carlos Gómez Alfaro

 

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

 

            1º.- Que en relación a proposta de nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda, apoia tódalas iniciativas que culminen co devandito nomeamento.

            2º.-  Que ese nomeamento, é, o noso entender, unha débeda de gratitude que o Pobo de A Guarda, representado polo seu Concello e Corporación Municipal, ten contraída co profesor e poeta, Xosé Carlos Gómez Alfaro.

            3º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro,  exerceu  como galego, como vecinho, como profesional do ensino e como escritor e poeta, mantendo un firme compromiso coa nosa xente, coa nosa Lingua e coas liberdades democráticas.

            4º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro viviu e traballou na Guarda, e foi eiquí precisamente onde callou súa mestría poética. Asemade, foi no noso pobo onde xestou moitas das súas obras. Mesmo a algúns dos seus poemas puxéronlle música o compositor José Luís Lorenzo Rodríguez e o cantautor Tino Baz Baz, creacións publicadas en numerosos poemas que, por desexo do propio autor, foron presentados na nosa vila.

            5º.- Que ninguén que conhecese de preto a Xosé Carlos Gómez Alfaro, dubida do seu compromiso coa Historia do noso País e cos que deron mesmo a vida, en defensa das liberdades democráticas

            6º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro foi un poeta que amou as verbas do agro e do mar, legándonos colleitas abondosas e un ronsel de poemas nos que A Guarda e o Ribeiro, son os eixos da súa inspiración poética.

            Por iso, e por moitas razóns máis, coidamos que en xusta correspondencia, tódolos guardeses de ben estarésmolle agradecidos por todo canto Xosé Carlos Gómez Alfaro fixo, por e para A Guarda.

             

           

 

            ESQUERDA UNIDA SOLICITA:

 

            Que o Alcalde de A Guarda, convoque un Pleno Extraordinario co Orde do Día:

 

Nomeamento de fillo adoptivo do Concello de a Guarda o escritor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.

 

Relembrar súa figura humana e literaria, promovendo un certame poético que leve seu nome.

           

Dedicarlle  unha rúa

Relacionados