Por suposto a moción fói acompañada previamente dun traballo politico de denuncia e explicación tanto nos medios informativos como sobre todo na rúa. Como era de esperar, o Grupo Municipal do P”SO”E votóu en contra da moción co único argumento de que tiñan a obriga de apoiar ao seu Goberno e a Zapatero. En realidade o que querían decir é que aceptan apoiar sumisamente todo o que faga ese Goberno, por moi antiobreiro e antisocial que sexa, para seguir garantíndose postos no “pesebre”, no aparato electoral e nos cargos públicos, a ser posible ben remunerados, claro. E o PP moi tranquilo e satisfeito de que o partido “socialista” leve a cabo as medidas que o Capital e a Patronal demandan pero que a dereita franquista tería máis difícil aplicar dende o Goberno. Eso sí, se enfadaron moito co noso portavoz Juan Fajardo por decir que as eléctricas son uns ladróns e uns explotadores. Normal tamén, lóxicamente teñen que defender aos seus, a elementos como Pizarro, indemnizado con varios miles de millóns de pesetas cando deixóu a dirección de ENDESA e se incoroporóu a cuadrilla de facinerosos que é a dirección do PP.
Felipe González e Aznar non foron procesados e condenados polas súas actuacións cando ocuparon a presidencia do Goberno, por exemplo por privatizar por dous duros as empresas eléctricas que eran de propiedade pública e que en máns privadas aínda reciben moitos cartos de todos; por enrriba estes dous profesionáis do engano cobran unha pensión vitalicia directa do estado de 80.000 euros anuáis -eles, que actúan para que os traballadores perdan os seus dereitos e acepten sacrificios sin fin- e cobran a maiores miles e miles de euros noutras prebendas ligadas aos grandes servicios que fixeron e aínda fán para os grandes ricos. Agora ámbolos dous son asesores en nómina das eléctricas e cobran unha boa “pasta” por elo. Para a xente honrada e traballadora, máis factura, sexa cal sexa o seu salario, teña ou non teña salario…