Modernización da rede eléctrica

A licitación do devandito contrato con Referencia O-11/2013, ascende a un importe de 1.646.102,97 € e nos seus pregos de prescricións técnicas e administrativas pódese ler: “Se considerará, como desproporcionada o temeraria la baja de toda proposición inferior en más de un 5% a la baja de referencia según criterios de valoración”. Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o goberno municipal promove o malgasto de cartos públicos ao restrinxir a competencia mediante a limitación en exceso das ofertas mais económicas. Entendemos que estas cláusulas dos pregos de contratacións relacionadas coa modernización da rede eléctrica obrigan a rexeitar todas aquelas ofertas que oferten un prezo menor do 5% da media das ofertas, ou o que é o mesmo, non permitirá aceptar aquelas ofertas máis baratas. Esta restrición supón un malgasto dos cartos públicos ao impedir aproveitar as ofertas máis económicas.

Esquerda unida esixe ao goberno local maior compromiso e eficiencia na xestión dos recursos públicos, porque si por unha banda restrinxe as ofertas máis beneficiosas para as arcas municipais, por outro lado os mesmos pregos permiten que o adxudicatario subcontrate ata o 60% da obra, o que significa que unha empresa que sexa rexeitada por presentar unha oferta moi barata sexa ao final a que execute a obra se é subcontratada pola empresa gañadora. Esta contradición é outra mostra da política errática do goberno municipal no que atinxe á contratacións de obras e servizos.

O voceiro de EU-V, César Santiso: “é curioso observar como á dereita enchese a boca falando de competitividade, pero a hora da verdade, cando xestiona cartos públicos na contratación, establece pregos de condicións que restrinxen o acceso das empresas máis competitivas”.

 

César Santiso indicou “Semella que é necesario recordándolle ao goberno local que a finalidade é manter a cidade habitable cun sacrificio económico real e iso implica que a meirande parte das obras e servizos sexan executadas directamente polo adxudicatario. Dado o vieiro que segue este goberno municipal, cabe preguntarse cada vez con maior insistencia e preocupación QUO VADIS SR. NEGREIRA?

Relacionados