Modificación P-1 A Pedreira e construcción campo de herba artificial

 

A citada orde cita como correcións necesarias, entre outras de menor entidade as seguintes:

1.- Titularidade do equipamento deportivo

“A modificación recolle a titularidade pública dos terreos resultantes como Sistema Xeral de Equipamento Deportivo, indicando que os terreos xa son municipais.

Porén, o acordó de aceptación da cesión dos terreos inclúe cláusulas rescisorias que determinan a necesidade de establecer o sistema de obtención dos terreos para o caso de que se produza a devolución (art. 53.1.2 da LOUG) e a inclusión dunha estratexía de actuación e estudo económico (artigos 61.1.g) e 60.3 da LOUG)”.

2.- Acceso ó equipamento deportivo.

“ O proxecto presentado deixa a nova parcela de equipamento deportivo público totalmente rodeada doutras de propiedade privada, sen facer aparentemente ningunha previsión sobre acceso rodado público e servizos urbanísticos, o cal cómpre solventar (art. 47.3 e 16.1 da LOUG)”.

A non aprobación, a día de hoxe da modificiación puntual proposta polo Concello siñifica que non se poden empezar as obras para a construcción do campo municipal de herba artificial, e que estas obras sofriran un novo retraso.O Concello ante a caducidade do convenio con Deputación, que financia con 340.000€ a construcción do campo, xa se veu na obriga de enviar no mes de maio unha solicitude de prorroga.

O goberno municipal tardou máis de 6 meses en enviar a proposta de modificación puntual á Xunta de Galicia, proposta que non foi coñecida polos grupos muncipais ata que o seu concurso foi necesario para ser votado en pleno.

O GM de EU-IU xa presentará en novembro de 2008 (8 meses antes de que se enviara a proposta de modificación) conxuntamente con outros grupos municipais, unha moción para que se estudará dotar de accesos ó campo municipal, así como de habilitar o espazo suficiente para construir nun futuro os vestiarios.A pesares da súa aprobación plenaria por unanimidade, esta caeu en saco roto, como tantas outras propostas aprobadas en pleno, e agora vemos as consecuencias: A xunta obriga a dotar de acceso ó campo municipal.

O GM de EU-IU propuxo no pleno celebrado no día de onte, e dado que o Club Galicia de Mugardos non pode condicionar a cesión, que o Concello utilice a partida presupostaria de inversión en merca de terreos para adquirir a parcela donde se van executar as obras de construcción do campo de herba artificial, previa xestión co Club Galicia de Mugardos. Respostandosenos por parte do Alcalde,no citado pleno, que o grupo de goberno non contempla esa posibilidade.

Relacionados