Esquerda Unida considera que o PP está a desenvolver a mesma política urbanística caciquil que o PSOE desenvolveu durante décadas. Como o demostran os catro asuntos en materia urbanística levados ao Pleno.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que as modificacións urbanísticas aprobadas no Pleno so responden aos intereses económicos das promotoras. Este tipo de modificacións que no responden a ningunha razón de interese público e non responden a unha eiva o imprevisto que non contemplara o plan inicial, constitúen unha mala praxe.
No caso da modificación das parcelas do Parque de Eiris preténdese substituír a ordenación en bloques de “U” invertida por outras en forma de “I” con pena para adaptalas a topografía do terreo existente. Argumentación esgrimida carece de sentido pois cando se aprobou o plan a topografía do terreo era a mesma. Asemade, a modificación proposta xerará un grave impacto visual ao incrementarse a altura total das edificacións debido as peanas que se incorporan a maiores ao conxunto construtivo.
No caso das dúas modificacións no recinto ferial favorécese de novo ao promotor no primeiro caso cambiando 3 bloques de 23×23 m. por 2 de 41,6×21,1 m. En base a razóns estéticas para equiparala aos bloques construídos dunha parcela anexa, cando a realidade e que así se abaratan custes de construción e redúcense espazos comúns. No segundo caso a mesma promotora consigue cambiar espacios comerciais para vivendas, sabedora que polos locais comerciais non obterá os beneficios que tiña pensado inicialmente debido a existencia dun grande centro comercial nas proximidades.
César Santiso, voceiro de EU-V, “con esta actitude o PP amosa a súa hipocrisía, na oposición enchíase a boca coa ética mais agora que teñen a capacidade de decisión votan a favor dos promotores”.